InicioEconomíaA campaña extractiva da centola empeza este luns na provincia de Lugo

A campaña extractiva da centola empeza este luns na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A campaña extractiva da centola arrinca este luns na provincia de Lugo. Desde o cabo Estaca de Bares (provincia da Coruña) ata o río Eo–incluída a ría do Barqueiro–, o inicio da actividade das distintas artes réxese polo establecido no decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos.

A campaña prolongarase na provincia ata o inicio da veda do ano 2023, que se fixará a través do correspondente plan de xestión.

Nas provincias da Coruña (desde cabo Corrubedo e ata cabo Estaca de Bares) e Pontevedra (de cabo Corrubero á Guarda) a campaña xa arrincou o pasado 7 de novembro, data na que tamén se iniciou a do boi en todo o litoral de Galicia, incluída a costa lucense.

A cota máxima de captura destas especies é de 35 quilos por barco e día, á que se engaden 35 quilos ao día por tripulante a bordo. Poden participar todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia, así como aquelas que, tendo porto basee noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...