InicioSucesosFalece unha persoa atropelada por unha furgoneta en Sarria

Falece unha persoa atropelada por unha furgoneta en Sarria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu este domingo ao ser atropelada por unha furgoneta no municipio de Sarria.

Segundo informou o 112, os feitos ocorreron na Praza da Vila pouco antes das 13.00 horas, tal e como explicou o propio condutor implicado no accidente durante a súa chamada ao servizo.

Os bombeiros de Sarria, que participaron no operativo xunto ao 061 e axentes da Policía Local, comprobaron no lugar dos feitos que a vítima mortal estaba accesible, a pesar de quedar baixo o vehículo. Con todo, nada se puido facer pola súa vida.

Aínda que se pensou que o falecido estaba atrapado baixo o vehículo e serían necesarios medios de excarceración, os efectivos do parque comarcal comprobaron que podían sacar a persoa sen a axuda destes equipos.

UN COCHE CHOCA CONTRA UNHA CASA EN LUGO

Outro vehículo chocou na mañá deste domingo contra unha casa, esta vez en Lugo, no barrio da Fervedoira. Os bombeiros tiveron que intervir para liberar a unha das persoas que resultaron feridas por mor deste sinistro.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, o coche envorcou lateralmente tras chocar contra a vivenda, polo que un dos seus ocupantes quedou atrapado no interior.

O servizo solicitou a intervención dos Bombeiros de Lugo, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez que os efectivos do parque municipal finalizaron a súa intervención, os dous implicados recibiron os primeiros coidados antes do seu traslado ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...