InicioSociedadeLugo incrementa a presión sobre okupas traficantes de droga na cidade

Lugo incrementa a presión sobre okupas traficantes de droga na cidade

A alcaldesa sinala que a "maior parte" das violacións obedecen a casos "de vulnerabilidade" e reclama á Xunta máis vivenda pública

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta local de seguridade de Lugo acordou reforzar a presenza policial na cidade para disuadir e atallar a “conflitividade social” que xeran “algúns” dos casos de ‘okupacións’ ilegais de vivendas que están relacionados co tráfico de drogas.

Así o avanzou a alcaldesa, Lara Méndez, tras o que insistiu na importancia de que os propietarios denuncien estas violacións. “O Concello está a actuar xa, con operacións que contribúen a garantir a protección da veciñanza nas zonas nas que se reproduce con maior frecuencia esta problemática, pero é necesario que os afectados poñan en coñecemento da xustiza todos e cada un destes casos“, recalcou.

E é que, segundo lamentou, nestes momentos “só tres titulares denunciaron unha situación de ocupación ilegal na cidade”, o que impide “que se poida actuar contra eles” no “resto dos casos”.

Méndez participou este martes na reunión da xunta local de seguridade, á que tamén asistiron a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e os responsables da Policía Local e Nacional.

En calquera caso, a rexedora trasladou aos veciños unha mensaxe de “tranquilidade”, porque Lugo mantén “un dos índices máis baixos de inseguridade de toda Galicia” e a “maior parte” das ‘okupacións’ que se rexistran obedecen a situacións “de vulnerabilidade e non de delincuencia”, como pode ser o caso do barrio da Milagrosa.

SINALA A XUNTA

Neste contexto, Lara Méndez recalcou que a urbe amurallada leva “máis dunha década de atraso” na creación de vivendas de protección pública, o cal podería paliar “todas estas catencias”. De feito, lembrou que tanto isto como as políticas sociais son dúas materias nas que a Xunta ten as competencias.

“Por tanto, non resulta prudente, nin responsable, nin ético sequera, empregar o medo da cidadanía como ferramenta política, especialmente en caso daquelas persoas que aspiran a gobernar un Concello pero dirixen ou integran institucións que teñen competencias respecto diso e non as exercen”, lamentou.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...