InicioSociedadeO Arde Lucus 2023 xa ten data

O Arde Lucus 2023 xa ten data

Celebrarase do 22 ao 25 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Arde Lucus do ano 2023 celebrarase do 22 ao 25 de xuño. Así o anunciou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ás asociacións que participan nesta festa de recreación histórica, que aspira a recibir recoñecemento internacional, xa que este mes o Concello presentará a candidatura para ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional, despois de ostentar xa o galego e o nacional.

Durante a cea de confraternización que mantivo co colectivo de asociacións este sábado, Lara Méndez destacou o alcance social, turístico e económico que xera esta festa, un dos motivos, sinalou, polos que anuncian as datas “axiña que” co obxectivo de permitir que o tecido asociativo, os veciños, a hostalaría e o comercio poidan prepararse e traballar con previsión.

Ademais, segundo trasladou o consistorio municipal, a alcaldesa sinalou que nesta edición seguirán potenciando novas actividades para “continuar atraendo miles de persoas e convidalas a gozar cos lucenses da transformación que experimenta a capital que, con fidelidade, retrocede no tempo para pór en valor o legado cultural e histórico” que posúe.

Así mesmo, a rexedora lembrou que o que comezou como unha festa para incentivar o sector hostaleiro do centro histórico, cunha duración dunha noite e enfocado á mocidade, “converteuse nunha festa cun elevado compoñente identitario, patrimonial, cultural, lúdico e de dinamización económica” que, engadiu, fana “única en España polo grao de implicación da cidadanía”.

“É sen dúbida o maior dos seus éxitos”, concluíu a alcaldesa antes de convidar de novo ás Asociacións do Arde Lucus a iniciar a preparación da XXII edición.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...