InicioSucesosInterceptan en Lugo dous condutores ebrios e outro sen permiso de conducir

Interceptan en Lugo dous condutores ebrios e outro sen permiso de conducir

Os tres foron xulgados pola modalidade de xuízo rápido por delitos contra a seguridade viaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron a madrugada deste mércores 10 de novembro diversos filtros de seguridade viaria co uso de vehículos camuflados.

Como resultado, no control estático establecido no Camiño Real, interceptaron dous condutores por dar positivo nas probas de alcoholemia e a outro por conducir sen carné.

Ao condutor que deu positivo en consumo de alcol cunha taxa de 0,68 mg/l, instruíronlle dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ao outro detido, cunha taxa de 0,39 mg/l, abríuselle un expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso.

Respecto ao condutor que circulaba carecendo de permiso de condución, un home de 37 anos cun historial de incidencias relacionadas coa perda do carné de conducir por condena penal, instruíronselle dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...