InicioSucesosAcepta dous anos de cárcere e recoñece ofrecer diñeiro a un menor...

Acepta dous anos de cárcere e recoñece ofrecer diñeiro a un menor a cambio de sexo en Lugo

O agora condenado ofreceulle a un mozo de 17 anos, na Praza Fonte dos Ranchos da cidade de Lugo, ata cen euros por unha felación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Lugo de 49 anos aceptou dous anos de prisión por un delito de corrupción de menores, ao recoñecer que ofreceu a un menor de idade cen euros a cambio de sexo en febreiro de 2020.

O xuízo íase celebrar no xulgado do Penal número dous de Lugo, aínda que finalmente houbo conformidade entre as partes, entre a defensa neste caso e a fiscalía.

A fiscalía pedía tres anos de prisión, por un delito de corrupción de menores ao acreditar que en febreiro de 2020 o agora condenado ofreceulle a un mozo de 17 anos, na Praza Fonte dos Ranchos da cidade de Lugo, ata cen euros por unha felación.

Ademais da pena de cárcere, ao acusado castígaselle cunha multa de cinco euros diarios por un período de doce meses, o que supón máis de 1.800 euros, en concreto 1.825 euros. O condenado non entrará finalmente en prisión.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...