InicioSucesosTrasladan a un centro sanitario ao piloto da avioneta accidentada en Rozas

Trasladan a un centro sanitario ao piloto da avioneta accidentada en Rozas

Ao recibir o aviso inicial, mobilizouse ao helicóptero medicalizado do 061, que finalmente non chegou a trasladarse, ademais dos Bombeiros de Vilalba e Policía Autonómica, entre outros efectivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O piloto da avioneta que tivo este martes un accidente no aeródromo de Rozas, en Castro de Rei, foi trasladado a un centro sanitario por unha escordadura nun nocello e mazaduras no corpo, segundo informa o 112.

Sobre as 13,45 horas, un particular avisaba dun accidente no citado aeródromo por parte dunha avioneta, cun só ocupante, o piloto. Nese momento, comunicaba que estaba atrapado aínda que, con posterioridade, confirmouse que puidera saír polo seu propio pé e que estaba ben.

Ao recibir o aviso inicial, mobilizouse ao helicóptero medicalizado do 061, que finalmente non chegou a trasladarse, ademais dos Bombeiros de Vilalba e Policía Autonómica, entre outros efectivos.

Aínda que desde o lugar trasladouse que non era necesaria a presenza dos bombeiros, desprazáronse á zona tanto os de Vilalba como os de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...