InicioEconomíaConcentración da CIG para reclamar que se reúna a comisión do convenio...

Concentración da CIG para reclamar que se reúna a comisión do convenio para transporte de viaxeiros por estrada de Lugo

En palabras da CIG, o persoal de sector "pode contrastar" que existe unha "clara indiferenza das partes da comisión negociadora para que o convenio evolucione".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG realizou este luns a súa primeira concentración para demandar a reunión da comisión negociadora do convenio do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

Segundo informou nun comunicado, a central busca retomar a negociación do convenio sectorial de viaxeiros na provincia de Lugo, para loitar contra “a precarización e perdida do poder adquisitivo” do seu persoal.

Este convenio tiña vixencia ata o ano 2015. Con posterioridade ao conflito xerado na folga do sector a nivel galego polos novos contratos produciuse un acordo marco para o sector en 2017 que determinou a actualización das táboas salariais deste convenio para os anos 2016 e 2017, segundo apunta a organización.

Despois, en marzo de 2019 produciuse a constitución da mesa negociadora e desde ese momento non se avanzou e a CIG denuncia “parálise”.

Desta forma, remarca que no ámbito social é “destacable” a acumulación do diferencial negativo para o persoal do sector do IPC reais dos anos 2018 a 2021, que supoñen un 8,5% de perdida do poder adquisitivo nos salarios e que, na actual situación “ten que ser un claro obxectivo a superar” no proceso da negociación colectiva.

Fronte a isto, en palabras da CIG, o persoal de sector “pode contrastar” que existe unha “clara indiferenza das partes da comisión negociadora para que o convenio evolucione”.

ÚLTIMAS

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...