InicioPolíticaElena Candia estará arroupada por Feijóo e Rueda como candidata á Alcaldía...

Elena Candia estará arroupada por Feijóo e Rueda como candidata á Alcaldía durante a ‘pulpada’ do PP de Lugo

Segundo informou o PPdeG nun comunicado, está previsto que asistan unhas 700 persoas e a recepción dos asistentes será ás 13,00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente estatal do PP, Alberto Núñez Feijóo, e líder autonómico e titular da Xunta, Alfonso Rueda, arrouparán este sábado a Elena Candia como candidata á Alcaldía na ‘pulpada’ que organizan os populares lucenses.

Segundo informou o PPdeG nun comunicado, está previsto que asistan unhas 700 persoas e a recepción dos asistentes será ás 13,00 horas. Unha media hora despois comezarán as intervencións dos líderes populares. No acto tamén estará a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, entre outros.

30 EUROS POR INVITACIÓN

O prezo dos cartóns para asistir a esta ‘pulpada’ é de 30 euros, un encontro gastrónomico que organizan tradicionalmente no PP de Lugo e que ten “o interese engadido”, remarcan os populares, de producirse a meses das eleccións municipais de 2023.

O PP de Lugo destaca que Candia, como candidata, “mantén intensos contactos” con todos os sectores sociais do concello de Lugo e desenvolve o seu a maneira de entender a política que é “aplicar o sentido común e estar aberta aos bos consellos que lle dan os veciños”. Con isto, quere “dar protagonismo á opinión dos veciños”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...