InicioSucesosDetidos catro veciños de Lugo por estafar peregrinos facéndose pasar por entidades...

Detidos catro veciños de Lugo por estafar peregrinos facéndose pasar por entidades benéficas

A Garda Civil estima que as ganancias poderían roldar os 4.000 ou 5.000 euros mensuais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo este luns aos catro integrantes dunha banda criminal, veciños de Lugo e con idades comprendidas entre os 20 e 50 anos de idade, como supostos autores dos delitos de estafa continuada, falsidade documental e intrusismo.

Segundo informou a Garda Civil nun comunicado, neste ano detectaron un aumento inusual de chamadas aos axentes para advertir da presenza de supostos colaboradores de entidades benéficas no Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo.

Os supostos colaboradores solicitaban donativos de “maneira insistente e entorpecendo o paso dos peregrinos”. Este feito fixo que se presentasen queixas e denuncias desde distintos puntos de España, entre as que destaca a presentada polo representante na provincia dunha “entidade benéfica relevante”, apuntaron os axentes.

Antes esta “alarma social xerada”, intensificaron a vixilancia do Camiño para localizar a estes individuos e tamén activaron un dispositivo específico de investigación que tivo como resultado a identificación dun grupo estruturado, organizado e composto por catro persoas residentes na cidade de Lugo.

Así, a Garda Civil detallou que os labores dos integrantes do grupo “estaban perfectamente definidas”: mentres as mulleres se dedicaban a pedir donativos e a ocultar as ganancias obtidas na súa roupa interior para dificultar o labor policial, os homes vixiaban.

4.000 OU 5.000 EUROS AO MES

Ademais, sinalaron que, en ocasións, cando detectaban a mulleres ou persoas maiores que realizaban o Camiño en solitario ou en grupos reducidos, “cortábanlles o paso coa finalidade de, supostamente, intimidalas para que colaborasen na súa suposta causa benéfica”.

Desta forma, o grupo actuaba preferentemente nos tramos do Camiño francés con gran presenza de peregrinos, concretamente os que discorre entre Sarria e Paradela e entre Palas de Rei e Melide, en senllas de difícil acceso.

Os axentes remarcaron que este grupo “operaba maioritariamente en horario de mañá”, aínda que en ocasións levaban comida cámping-gas para comer no Camiño e continuar a súa actividade delituosa pola tarde. Os membros do grupo adoitaba portar documentos con logos identificativos de coñecidas ONG.

Así mesmo, os axentes estimaron que a cantidade recadada mediante esta modalidade delituosa podería roldar os 4.000 ou 5.000 euros mensuais, de acordo cos seus cálculos estimados tras o montante que incautaron a unha das presuntas responsables. Os detidos pasarán este martes a disposición xudicial en Sarria.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...