InicioSociedadeFormoso, Miñones e Diego Calvo reciben o premio 'V de Veciño Exemplar'...

Formoso, Miñones e Diego Calvo reciben o premio ‘V de Veciño Exemplar’ da Federación Veciñal de Lugo

A entrega de premios celebrouse esta tarde no Pazo de Congresos de Lugo, nun acto no que participaron, segundo explican nun comunicado, máis de 4.500 asistentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o delegado do Goberno, José Miñones; e o vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, recibiron este domingo os galardóns ‘V de Veciño Exemplar’, outorgado pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, que agrupa a 350 entidades da provincia.

A entrega de premios celebrouse esta tarde no Pazo de Congresos de Lugo, nun acto no que participaron, segundo explican nun comunicado, máis de 4.500 asistentes.

Formoso, un dos 24 premiados, mostrouse “moi agradecido” con este recoñecemento, “moi especial porque provén do movemento veciñal, de xente moi apegada á realidade e aos problemas cotiáns dos veciños que, ademais, contan cun profundo coñecemento da realidade social desta provincia”.

No acto tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación lucense, José Tomé Roca; e o delegado do Goberno, José Miñones, entre outros.

TOMÉ ROCA E MIÑONES

Tomé Roca puxo en valor o traballo de “cada unha das persoas que forman parte das asociacións que integran a Federación” e o seu esforzo “constante” para “manter vivo o espírito dos veciños” durante os dous anos de pandemia, xunto á súa capacidade para “organizar de novo este encontro co seu esplendor orixinal”.

“O lema deste ano, ‘Nunca deixes de loitar’, define moi ben o espírito do movemento veciñal de Lugo. Un movemento responsable, reivindicativo e cheo de propostas, que leva anos traballando para axudar o desenvolvemento da nosa provincia”, asegurou, tras o que remarcou o papel destas asociacións no rural.

O delegado do Goberno, que tamén foi premiado, felicitou a federación “por volver xuntar os veciños e poder recargar as pilas gozando da compañía da nosa xente”. “A unión que demostrastes entre as distintas asociacións e colectivos é un exemplo para o resto de Galicia”, asegurou.

Durante a súa intervención Miñones agradeceu o recoñecemento da federación e valorou o traballo que “día a día levan a cabo cun único interese: mellorar a calidade de vida dos veciños”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...