InicioPolíticaO BNG volve esixir ao alcalde de Pol unha desculpa pública pola...

O BNG volve esixir ao alcalde de Pol unha desculpa pública pola agresión a un mozo

PUBLICADA O

- Advertisement -

BNG en Pol volve a exgigir ao alcalde do municipio, o socialista Liño Rodríguez, unha desculpa pública despois da súa condena por agredir a un mozo afeccionado durante un partido de fútbol o pasado 8 de maio.

A pena, tras achalo culpable dun delito de lesións leves, é dunha multa de 540 euros e unha indemnización para o mozo de 120 euros. Os feitos ocorreron durante o encontro entre o Pol e o Portomarín, onde ambos os equipos se xogaban o ascenso a Rexional Preferente.

Tras o fallo do Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo, emitido case seis meses despois do ocorrido, os nacionalistas lamentan que “aínda non se emitiu ningunha explicación, nin depuración de responsabilidades, nin unha condena ante os feitos”.

Así, o Bloque segue condenando este “comportamento impropio” e denuncia a “degradación pública”, así como a “deterioración da política e da ética” no municipio de Pol. Precisamente, o BNG lembra polémicas previas do alcalde como a denuncia –que foi arquivada– por suposto acoso laboral pola exsecretaria do Concello e outra proposta de sanción por incumprir co confinamento de primavera do 2020.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...