InicioLugo e contornaInvestigan en Lugo a unha condutora borracha que chocou con cinco coches...

Investigan en Lugo a unha condutora borracha que chocou con cinco coches estacionados

Precintan un vehículo participante no Rally San Froilán sobre o que pesaba unha orde de procura, captura e embargo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprazouse ata Ronda das Fontiñas onde se produciu un accidente e ao chegar atopáronse un vehículo envorcado que, con anterioridade, xa impactara contra outro cinco que se atopaban estacionados.

A condutora é unha muller de 50 anos veciña da cidade, que presentaba lesións que inicialmente non parecían de gravidade, aínda que tivo que ser trasladada por unha ambulancia do 061 ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Os feitos ocorreron o día 15 sobre as 16,30 horas.

Unha vez no hospital, a condutora foi sometida ás probas de detección de alcoholemia, dando un resultado positivo de 0,85mg/l, máis do triplo da taxa máxima permitida. Así mesmo, instruíronselle dilixencias por un delito contra a seguridade e viaria pola modalidade de xuízo rápido.

VEHÍCULO EMBARGADO

Noutra orde de asuntos, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local, na madrugada do día 16, precintou un vehículo participante no Rally San Froilán. Sobre o vehículo pesaba unha orde de procura, captura e depósito por embargo, que quedou inmobilizado no Depósito Municipal de Vehículos.

Ademais, esa mesma madrugada, tras un control de velocidade na Avenida Infanta Elena, procedeuse á denuncia de 7 condutores que superaban o límite de 50 km/h.

MÁIS DENUNCIAS

Tamén unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barriode a Policía Local de Lugo detectou un vehículo estacionado nunha praza reservada para persoas con mobilidade reducida e ao requirirlle o cartón ao condutor detectaron que se trataba dunha fotocopia e que ambas as caras eran iguais.

Os feitos ocorreron o 14 de outubro sobre as 12,30 horas, cando observaron que o condutor do vehículo contaba cunha fotocopia do cartón con ambas as caras iguais co propósito de ocultar a identidade do titular. Ao consultar base de datos policial observaron que o cartón estaba a nome dunha persoa que nada tiña que ver co posuidor da mesma.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...