InicioSociedadeO modelo de residencias da Deputación presentado en Bruxelas

O modelo de residencias da Deputación presentado en Bruxelas

Segundo informa a institución provincial, estas liñas de traballo "recibiron unha moi boa acollida polas súas características xa que son replicables noutros territorios da Unión Europea".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, presentou este xoves as políticas sociais polas que aposta o organismo provincial na Semana Europea das Rexións e Cidades, que se celebra estes días en Bruxelas. Especialmente fixo fincapé no seu modelo de residencias.

Segundo informa a institución provincial, estas liñas de traballo “recibiron unha moi boa acollida polas súas características xa que son replicables noutros territorios da Unión Europea”.

O deputado provincial fixo, na súa presentación, unha fotografía da provincia de Lugo desde diferentes ópticas para explicar as motivacións que levaron á Deputación a apostar por un modelo propio de centros de atención a maiores.

“O noso reto consiste en ser capaces de facilitar o acceso a uns servizos públicos de calidade e innovadores á marxe do seu lugar de residencia“, indicou.

“Como defensor do municipalismo, creo firmemente que Europa responde mellor a estes retos cando aposta por reforzar as súas rexións e municipios xa que as entidades locais son as únicas capaces de garantir que os programas europeos cheguen de verdade aos seus destinatarios, á cidadanía”, manifestou na súa exposición.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...