InicioSucesosUn detido por vender estupefacientes no recinto feiral do San Froilán

Un detido por vender estupefacientes no recinto feiral do San Froilán

Pola súa banda, a Policía Local formulou durante o fin de semana das festas un total de catro denuncias por delitos contra a seguridade viaria contra outros tantos condutores que excederon o límite legal no control de alcoholemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 26 anos de idade foi detido nas inmediacións do recinto feiral das festas do San Froilán, en Lugo, tras ser visto por unha patrulla policial cando trapicheaba con droga.

O arrestro levárono a cabo axentes da Policía Nacional que participaban no dispositivo especial despregado con motivo da celebración do San Froilán.

Segundo informa a Comisaría luguesa, o mozo foi detido tras ser visto cando intercambiaba con outro home un obxecto pequeno “a cambio de diñeiro”.

Tras decatarse do sucedido, os axentes interceptaron ao suposto vendedor, que levaba encima unha bolsa con dez envoltorios que contiñan un po branco e que arroxaron un peso de dez gramos.

O mozo foi detido como autor dun delito de tráfico de drogas. Está previsto que pase a disposición xudicial este luns.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Pola súa banda, a Policía Local formulou durante o fin de semana das festas un total de catro denuncias por delitos contra a seguridade viaria contra outros tantos condutores que excederon o límite legal no control de alcoholemia.

Así mesmo, outro condutor foi denunciado por circular sen carné e, ademais, os axentes da Local tiveron que inmobilizar a cabeza tractora que transportaba o escenario dunha das orquestras que actuaron na programación do San Froilán porque carecía dos permisos en vigor.

ÚLTIMAS

Seis persoas están observación no HULA tras intoxicarse con deterxente nunha pulpería durante o San Froilán

Seis persoas foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti (HULA) tras intoxicarse cun café contaminado...

Evacuada en helicóptero unha peregrina ferida tras caer da bici na LU-633, en Pedrafita

Unha peregrina necesitou ser evacuada en helicóptero este sábado ao resultar ferida tras sufrir...

A Deputación de Lugo  mellorou máis de 35 quilómetros da LU-P-1611 desde o 2020

As obras do cinto comarcal, a LU-P-1611, á altura do concello do Corgo, xa...

A UE admite a trámite a solicitude de Lugo Monumental para revisar a xestión de peonalización do centro histórico

A Unión Europea admitiu a trámite a solicitude presentada pola Asociación Lugo Monumental para revisar a...