InicioSociedadeA Asociación Si, Hai Saída remite unha carta a Grande-Marlaska na que...

A Asociación Si, Hai Saída remite unha carta a Grande-Marlaska na que alerta dun repunte de violencia machista

A presidenta da entidade lucense denuncia que hai "falta de seguimento" a vítimas e agresores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Sí, Hai Saída, contra a violencia de xénero, remitiu unha carta ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, na que alerta dun repunte de casos de agresións machistas. A presidenta desta organización lucense, Marta Rodríguez Engroba, dixo que o que expoñen ao ministro é “o que nos empeñamos en ignorar e ninguén se atreve a nomear”.

E é que “cada vez son máis os casos nos que había denuncia previa, mesmo había orde de afastamento ou a vítima estivera no sistema de seguimento Viogen e un día deixaron de estalo”. En paralelo, “hai unha gran problemática en canto á violencia de xénero en xeral e o repunte de casos de agresións a mulleres é obvio que está aí”.

Marta Rodríguez Engroba lamentou que “os casos van en aumento pero sistematicamente ignórase”. “Aí está o problema”, protestou a activista lucense.

A presidenta de Sí, Hai Saída insistiu en que, “no momento en que se pon a denuncia, hai falta de seguimento tanto á vítima como ao agresor”. “Sinxelamente, séguese baseando a elección en axentes que se encargan da asistencia e da protección ás mulleres e aos fillos e noméanse baixo criterios policiais, o cal é demencial“, censurou.

Sobre todo, puxo o acento en que esta situación se repite bastante “nas comisarías da Policía Nacional”, para seguidamente queixarse de que, por exemplo, a relación desta asociación coa comisaría de Lugo “é practicamente nula”. Neste sentido, explicou que hai elementos básicos, que non se respectan, como “a empatía, sensibilidade e a vocación de non regatear tempo a esas mulleres que van pór a denuncia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo reclama “reforzo urxente” á Xunta para o control contra o xabaril

O Concello de Lugo reclama á Xunta "un reforzo urxente" das actuacións de control...

Denuncia da “precariedade” das traballadoras do SAF no pleno de Castro de Rei

O Grupo Municipal Socialista de Castro de Rei levou ao último Pleno unha batería...

Setenta anos de vínculo entre Lugo e a Armada reforzados este luns

  A Presidenta de Lugo, Carmela López, participou este luns nun encontro coa Armada de...

Cuarta edición do curso de interpretación de instrumentos medievais Sons dos Camiños

O Centro de Artesanía e Deseño acollerá do 23 ao 26 de abril a...