InicioSociedadeO alcalde de Rábade aprema a Renfe a suprimir o paso a...

O alcalde de Rábade aprema a Renfe a suprimir o paso a nivel onde foi arroiado un condutor

Fernández Montes lembra que xa hai un acordo para a súa eliminación, un pacto que "vai ligado á construción dunha pasarela peonil na Praza de España, no campo da feira".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde da localidade lucense de Rábade, Kiko Fernández Montes, apremou a Renfe a que suprima o paso a nivel sen barreira que atravesa este municipio e no que este mércores falecía un home de 50 anos despois de que a súa furgoneta fose arroiada por un tren de mercadorías.

Fernández Montes lembrou que xa hai un acordo con Renfe para a supresión dese paso a nivel, un pacto que “vai ligado á construción dunha pasarela peonil na Praza de España, no campo da feira”. “As noticias que temos é que está en informe polos distintos servizos aos que afecta, pero o acordo está asinado, o orzamento está habilitado. Agora falta a valoración dos informes e a execución da obra, que consiste na eliminación dese paso”, constatou.

O rexedor subliñou que este paso a nivel “supón un risco permanente porque ninguén está libre dun descoido”. Aínda que afirmou descoñecer as circunstancias do accidente, sinalou que “o ideal” sería “que se peche” canto antes para evitar novos riscos.

O alcalde de Rábade destacou que a supresión deste paso a nivel sen barreira é xa unha “vella reivindicación”, que vén da época de “Boyer como ministro de Fomento” e que hai un ano era asumida polo que fora tamén ministro do ramo, José Luís Ábalos, e a actual secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...