InicioSucesosDetida unha veciña de Lugo por golpear a súa filla menor

Detida unha veciña de Lugo por golpear a súa filla menor

A menor explicou aos axentes que os episodios violentos por parte da súa nai eran habituais e que xa había expedientes abertos na Fiscalía de Menores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a unha veciña da cidade como presunta autora dun delito de violencia familiar, tras agredir supostamente á súa filla de 14 anos no transcurso dunha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado domingo, cando o 092 recibiu unha chamada alertando dunha rifa familiar na que había unha menor implicada, nun domicilio da zona sur da cidade.

Os axentes trasladáronse á vivenda e entrevistáronse cunha muller que se identificou como nai da nena. Segundo a súa versión, a menor quería saír á rúa e ela enfadouse e pegoulle “co obxectivo de educala”.

Mentres, unha das funcionarias accedeu ao interior do domicilio e atopouse nunha habitación á menor chorando e moi nerviosa. A nena explicou que lle pediu cear á súa nai e, ao non haber nada para cear na casa, tentara pedir comida a través dunha aplicación.

Como esta aplicación non lle funcionaba manifestou á súa nai a súa intención de saír para comprar algo para cear. Nese momento iniciouse a rifa e, segundo o seu relato, a súa nai golpeouna nas costas co pau dunha escoba.

A menor explicou aos axentes que os episodios violentos por parte da súa nai eran habituais e que xa había expedientes abertos na Fiscalía de Menores.

Os axentes avisaron a unha ambulancia, que trasladou á nena ao HULA e, dada a gravidade dos feitos e a súa reiteración, procederon á detención da nai, como presunta autora dun delito de violencia familiar.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...