InicioSociedadeA Deputación de Lugo achega 73.000 euros a Cogami para atender ás...

A Deputación de Lugo achega 73.000 euros a Cogami para atender ás persoas con discapacidade da provincia

Aprobado o orzamento para 2023 do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo con 5,6 millóns de euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, renovou este xoves o compromiso coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), asinando co seu presidente, Anxo Antón Queiruga, dous convenios de colaboración a través dos que a institución provincial achegará un total de 73.000 euros para a atención dos usuarios.

Por unha banda, a Deputación destinará 35.000 euros a Cogami para colaborar co Centro de Atención Diúma Terapéutica Fingoi-Lugo, que actualmente atende a unha trintena de persoas. Ademais, achegará outros 38.000 euros para o taller prelaboral na comarca da Ulloa.

Noutra orde de cousas, José Tomei Roca tamén presidiu este xoves o pleno do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, no que se aprobou un orzamento de 5,6 millóns para o ano 2023, do cal a Deputación achegará o 50%.

Tal como indicou a administración provincial nun comunicado, estes orzamentos “garantir o funcionamento do seis parques do Consorcio, que contan con 20 efectivos cada un”.

Dos 5,6 millóns, un total de 4,5 millóns están destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores, mentres que case un millón é para gastos correntes e 90.000 euros ao fondo de continxencia. Ademais, 57.000 euros é para investimentos.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das axudas da Deputación e a Xunta de Galicia, a partes iguais, ademais da Asociación Empresarial do Seguro (Unespa).

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...