InicioSociedadeO Concello de Lugo volverá licitar os novos espazos verdes da Garaballa...

O Concello de Lugo volverá licitar os novos espazos verdes da Garaballa polo aumento de prezos

A inflación foi unha das principais causas desta subida de prezos, que disparou o custo de determinados materiais de construción ata un 50%

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo volverá licitar a execución dos novos espazos verdes previstos na contorna da Garaballa ante o elevado incremento que experimentaron os custos de produción e despois de que a Xunta de goberno local autorizase a resolución do anterior contrato.

Tal como explicou este xoves o tenente de alcalde, Miguel Fernández, a inflación foi unha das principais causas desta subida de prezos, que disparou o custo de determinados materiais de construción ata un 50% no último ano.

“Un factor ao que cabe engadir que a madeira que utilizamos, que dispón de certificación forestal, está a experimentar unha dinámica de crecemento debido tamén á altísima demanda que existe ante a súa versatilidade e rango de aplicacións”, subliñou. O concelleiro lembrou que a obra fora adxudicada á UTE formada polas empresas Citanias Obras e Servizos e Mantemento Forestal.

“Dispuñan dun prazo de cinco meses para executar os traballos: a creación de 1,2 hectáreas de terreo destinadas a zonas verdes, dun elevado valor paisaxístico que foron deseñadas con criterios de harmonía e beleza dentro das que se incluían diferentes áreas axardinadas que potencien a biodiversidade e estimulen os sentidos”, destacou. Con todo, o encarecemento dos prezos obrigou á administración local a retrotraer o procedemento para adaptar o orzamento á realidade actual.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...