InicioSucesosImputan un delito contra a seguridade viaria a un home que conducía...

Imputan un delito contra a seguridade viaria a un home que conducía ebrio en Lugo

Este caso súmase a outro tres detectados durante o fin de semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun vehículo que conducía na madrugada deste luns en Lugo foi imputado por un delito contra a seguridade viaria por conducir ebrio. Este caso súmase a outros tres detectados durante o fin de semana e, contra todos eles, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

Segundo informou a Policía Local, un condutor foi detectado ás 3,30 horas da madrugada deste luns ao observar que conducía de forma irregular pola Avenida Ramón Ferreiro.

Nas probas de alcoholemia arroxou un resultado positivo de 0,86 miligramos por litro, de forma que se instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Non é o único caso de alcoholemia positiva nas últimas horas, xa que durante o fin de semana, a Policía Local detectou varios casos. Así, o 24, ás 7,00 horas, foi detido outro condutor que chocou contra un semáforo para peóns e deu resultado positivo de 0,56 miligramos por litro. Contra el tamén se instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria en modalidade de xuízo rápido.

Ás 12,00, a unidade de barrio interceptou un turismo na rúa Concepción Arenal, na que comprobaron que o seu condutor non tiña en vigor o permiso por perda total de puntos por non realizar o curso de reeducación tras a sentenza xudicial. Contra el, instruíronse dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido, xa que tamén quebrantou a condena por circular sen pasar o curso.

Ás 21,45 horas deste mesmo día, tamén se localizou un vehículo que facía manobras “indebidas” na rúa de San Roque. Presentaba signos de embriaguez e arroxou un positivo de 0,75 miligramos por litro, instruíndo dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

OUTROS DOUS CONDUTORES INTERCEPTADOS

Ás 2 da madrugada do 25 detectouse un control situado na rúa República Arxentina un vehículo cuxo condutor non tiña carné en vigor por perder puntos, polo que se instruíu un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Finalmente, no resumo achegado pola Policía Local inclúese outro condutor que, ás 5,25 horas do día 25 foi interceptado cun positivo por alcoholemia de 0,93 miligramos por litro. Tamén se instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...