InicioMedioambiente e PatrimonioDenuncian a corta dunha carballeira nunha zona protexida por dúas mámoas catalogadas...

Denuncian a corta dunha carballeira nunha zona protexida por dúas mámoas catalogadas en Lugo

Ecoloxistas en Acción asegura que investigarán o caso e que non dubidarán en "acudir aos tribunais se se observase que houbo desinterese por protexer o patrimonio histórico e natural por parte do Concello de Lugo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción denuncia unha talla de vexetación autóctona consolidada, na zona de influenza da estrada autonómica LU-234 (Ramil-Cota) coñecida como ‘O Vilardón’. Eran, segundo explica a organización, principalmente carballos albariños e outro tipo de árbores frondosas, algunhas de grande grosor, polo que se trataría de plantas centenarias.

Ese predio, proseguen, está nunha zona protexida por dúas mámoas catalogadas, concretamente as do Monte do Tumbo. “Na corta utilizouse maquinaria pesada, e nos traballos de retirada de biomasa chegouse a cortar sobre a mesma construción funeraria”, denuncia Ecoloxistas en Acción, que lembra que o lugar está clasificado como protexido, por ser unha contorna de protección arqueolóxica.

Segundo fontes consultadas pola propia asociación, esta talla contou co “beneplácito do Concello de Lugo” e é consecuencia dunha denuncia realizada polo propio Concello para que se eliminara a vexetación de frondosas autóctonas. “Isto é unha situación inédita, esta vexetación non ten perigo de incendio, aínda máis, debe utilizarse como barreira natural. Estes lugares deberíanse protexer en lugar de se cortar”, sinala Ecoloxistas en Acción.

Desde a asociación aseguran que investigarán o caso e que non dubidarán en “acudir aos tribunais se se observase que houbo desinterese por protexer o patrimonio histórico e natural por parte do Concello de Lugo, xa que, de seren certos os datos, poderíase dicir que está fomentando a destrución de espazos de alto valor medioambiental e cultural, espazos
próximos á Rede Natura”.

Así mesmo, indican que estes feitos non son “illados” no Concello de Lugo, que “leva tempo realizando ataques contra o Medio Ambiente do seu termo municipal, exemplos disto son o intento de praia fluvial en lugares protexidos, a urbanización das Saamasas en zonas de protección do leito do río e de protección cultural polas igrexas da mesma zona, desinterese de cheo pola zona do Rato, solar de San Roque…”.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...