InicioEconomíaA Xunta defende en Lugo que a nova lei de áreas empresariais...

A Xunta defende en Lugo que a nova lei de áreas empresariais suporá “un antes e un despois”

A conselleira de Medio Ambiente asegura que axilizará a implantanción de empresas e negocios desde o punto de vista administrativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defendeu que a lei de áreas empresariais que se aprobará a próxima semana no Parlamento de Galicia suporá “un antes e un despois” desde o punto de vista administrativo para a implantanción de empresas e negocios.

Así o manifestou en declaracións aos medios este mércores tras manter un encontro coa Confederación de Empresarios de Lugo para presentarlles os principais puntos do novo marco normativo, que será sometido a votación definitiva no próximo pleno da Cámara autonómica.

“A nosa intención foi que todo ese ‘mare mágnum’ de leis que tiñamos ao final se convirta nun só texto, no cal os empresarios non teñan que depender de distintas modificacións lexislativas e que teñan claro que imos facer desde a Xunta de Galicia e os seus condicionantes”, sinalou.

Vázquez concretou que se incluíron “varias figuras dentro da lei para simplificar, axilizar e, sobre todo, planificar o presente e o futuro inmediato”. Neste sentido, destacou que se incorpora algo que “demandaban” as empresas, ás que agradeceu a súa colaboración na redacción do texto, que inclúe a creación de entidades de xestión dos parques.

Xunto con isto, Vázquez debullou que, ademais, “están os plans estructurantes que veñen ser dar facilidades para que despois de ter un chan se fagan as estruturas básicas e a partir de aí as modificacións pertinentes sen ter que partir de cero, ter que pedir todos os informes sectoriais e que as demoras sexan de ata 21 meses”.

Outro dos aspectos da nova lei destacado pola conselleira é o reforzo da figura dos ‘Concellos emprendedores’, que con esta normativa “adquiren o compromiso de que as licenzas se dean nun mes e xunto con esas licenzas están esas bonificacións fiscais de ata un 95 por cento no IVE ou no IAE en función do investimento que se realice e dos postos de traballo”.

ÚLTIMAS

Un motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Un motorista faleceu este venres tras precipitarse por un terraplén de 10 metros de...

PSdeG destaca 1.000 millóns en infraestruturas para Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomei, e a deputada...

Veciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de maiores

A Garda Civil, no marco da operación Renur1, detivo a unha veciña da localidade...

A Rede Museística, referencia do Estado en educación e investigación nos museos

'Xornadas Internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento...