InicioSociedadeConcello de Lugo e hostalaría lanzan unha campaña para previr o consumo...

Concello de Lugo e hostalaría lanzan unha campaña para previr o consumo do alcol en menores

A alcaldesa, Lara Méndez, chama a atención sobre "un dato alarmante", xa que "a idade media de inicio ao alcol é de 13,4 anos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, en colaboración coa hostalaría da cidade, emprende unha campaña “por un consumo responsable de alcol”, principalmente, en menores.

A campaña foi bautizada como ‘Á túa saúde, brindemos por un consumo e unha dispensación responsable de alcol’. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de hostaleiros, entre eles o presidente da Asociación Provincial, Cheché Real, lanzou este programa desde a Praza do Campo, en plena zona vella da cidade.

Alí, Méndez precisou que esta campaña vai dirixida aos “máis novos” e busca “concienciar e sensibilizar”, ademais de “dar alternativas de lecer para que os nenos e as nenas non se inicien no consumo de alcol a idades tan temperás”.

A alcaldesa chamou a atención sobre “un dato alarmante”, xa que “a idade media de inicio ao alcol é de 13,4 anos”. “Falamos de nenos e nenas que están no seu desenvolvemento principal e o consumo de alcol a esas idades tan temperás poden abocar a outros consumos menos socializados”, alertou.

Méndez insistiu en que o que se persegue é “concienciar a través de cartelaría”, que se situará nos locais de hostalaría, e “cuñas” co obxectivo de concienciarse “desde o ámbito da familia e desde o ámbito social” no rexeitamento ao “abusivo consumo de alcol”.

Pola súa banda, Cheché Real cualificou a campaña de “moi acertada”, apresurándose en deixar claro que o consumo de alcol “entre ‘pícaros’, non se pode consentir”. Nos carteis que salpicarán toda a cidade pódese ler, ‘que non che dean a chapa, o consumo excesivo de alcol nunca, nunca, nunca ten beneficios’.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...