InicioPolíticaO 80% dos concellos lucenses sofren carencias en primaria e pediatría segundo...

O 80% dos concellos lucenses sofren carencias en primaria e pediatría segundo o PSOE

No ámbito da sanidade a política da Xunta "tradúcese en falta de médicos, pediatras e persoal de enfermaría", cun impacto no ámbito rural "moi preocupante".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSOE de Lugo, José Tomé Roca, convocou un encontro con alcaldes e portavoces municipais socialistas dos 67 concellos da provincia co obxectivo de analizar a situación da sanidade e da educación públicas.

Na reunión, Tomé Roca constatou que “o 80% dos concellos da provincia sofre a día de hoxe graves carencias de persoal en Atención Primaria e Pediatría”, unha situación “moi preocupante producida porque a Xunta non cobre nin as vacacións, nin as baixas, nin as xubilacións”.

No ámbito da sanidade, dixo Tomé Roca, a política da Xunta “tradúcese en falta de médicos, pediatras e persoal de enfermaría”, cun impacto no ámbito rural “moi preocupante”.

Neste sentido, dixo que “o PP pechou os centros de saúde de Castro, en Carballedo, de Parga, en Guitiriz, e de Castro de Rei”, á vez que aludiu a “situacións denunciadas polo PSdeG na Pontenova, Pantón, Abadín, Antas de Ulla, Ribadeo ou Barreiros, onde houbo só un médico para atender aos veciños, e tamén en Viveiro, onde estes días só houbo dous ou tres médicas, nun persoal de 10”.

No que se refire a situación educativa, José Tomé sostivo que “o PP recortou, nos dous últimos cursos, 1.500 profesores en Galicia, e suprimiu 96 prazas docentes en Infantil e Primaria este curso”.

Como contraposición, aludiu, a Xunta “recibiu fondos extra do Estado por importe de 827 millóns para reforzar os servizos públicos desde que comezou a pandemia”, dixo.

O PP PIDE “COHERENCIA”

Fronte a estas acusacións, o PP pediu “coherencia” ao PSOE, lembrando que esta semana “os socialistas votaron en contra no Pleno do Parlamento” de reclamar ao ministerio “poder formar e contratar máis médicos”.

Desde a dirección provincial do PP aseguran que “non hai agora mesmo na sanidade un problema máis urxente nin unha necesidade máis perentoria”. Por iso, explican,”debemos adoptar un compromiso conxunto para sacar adiante co máximo consensolas medidas de competencia estatal que teñen a chave para solucionar esta situación”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...