InicioSucesosA Policía Local de Lugo tramita case unha vintena de denuncias nas...

A Policía Local de Lugo tramita case unha vintena de denuncias nas últimas horas a condutores por varias infraccións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou nas últimas horas case unha vintena de denuncias por diversas infraccións relacionadas coa seguridade viaria, a maioría delas (11) por excesos de velocidade.

Segundo informaron fontes policiais, ademais dos 11 condutores detectados circulando a máis velocidade da permitida, foron interceptados dous condutores que deron positivo nas probas de alcoholemia, aínda que por baixo do límite penal.

Ademais, outros dous homes foron propostos para sanción por conducir de forma temeraria, e tratar de eludir os controis policiais. A eles súmase outra persoa que foi sorprendida conducindo cun permiso de Venezuela, que xa non está en vigor.

Por outra banda, a Policía Local tamén tramitou denuncia contra un condutor cuxo vehículo non tiña seguro obrigatorio, e non pasara a ITV, polo que foi inmobilizado no depósito municipal. Así mesmo, foi sorprendido outro coche circulando sen ITV e un con placa de empresa sen o correspondente boletín obrigatorio que debe acompañar ás placas vermellas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...