InicioEconomíaA ocupación hoteleira en Lugo chega case ao 100% polo Caudal Fest

A ocupación hoteleira en Lugo chega case ao 100% polo Caudal Fest

O festival comeza este venres e prolóngase ata o sábado, coas actuacións na contorna do Pazo de Feiras e do río Miño de máis de vinte grupos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ocupación hoteleira prevista na cidade de Lugo para este fin de semana, no que se celebra o Caudal Fest, aproxímase ao cento por cento.

O secretario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría, Jacobo García Bobadilla, prevé que “é complicado que os dous días se faga o cento por cento de ocupación na cidade, aínda que un dos dous días vai resultar completo”.

Pero non é que só haxa reservas para o festival, que impulsa o Concello de Lugo, senón que Bobadilla tamén pon o acento en que moitas reservas se corresponden con “grupos que fan o Camiño a Santiago”.

“En setembro continúan as reservas de peregrinos en grupo, sobre todo por ser Ano Santo. Pero moitos hoteis chegan ao máximo de capacidade polo Caudal Fest”, sentenza.

En canto ao Camiño de Santiago e a súa alta incidencia, Jacobo García Bobadilla constatou que “parece que se masificou e se rompeu coa temporalidade”.

O empresario lucense tamén aproveitou para felicitar o Concello de Lugo por “promover” o festival. “Outra cousa boa son estas pequenas citas de dous días, nun esforzo grande que fai o Concello por traer a estes grupos. Lugo sempre demandou un festival e vese que é un éxito“, concluíu.

O Caudal Fest comeza este venres e prolóngase ata o sábado, coas actuacións na contorna do Pazo de Feiras e do río Miño de máis de vinte grupos, entre outros, Izal, Estopa ou Robe Iniesta.

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...