InicioSucesosContinúa a busca do octoxenario desaparecido hai unha semana en Friol xa...

Continúa a busca do octoxenario desaparecido hai unha semana en Friol xa sen drones

Axega despregou esta fin de semana os drons para axudar na súa procura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un operativo continúa este luns a procura do octoxenario desaparecido no municipio lucense de Friol desde o pasado 4 de setembro.

Veciños e familiares do home, así como efectivos de emerxencias, reiniciaron os labores de procura, que se intensificaron este fin de semana nas proximidades do cemiterio Condes, onde un transportista dixo ver ao ancián.

A familia deu a voz de alarma o domingo 4 de setembro, alertando de que o home non regresara ao seu domicilio, situado no lugar de Manxadoiro. O seu vehículo foi localizado nunha pista forestal pero sen pistas do seu propietario.

Para colaborar na procura, incorporáronse este fin de semana o servizo de drones da Axega, que se sumou ao amplo dispositivo organizado pola Garda Civil, pero sen obter resultados. Polo momento, non está previsto que se reincorporen aos labores estes vehículos non tripulados, aínda que continúa a procura polo terreo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...