InicioEconomíaA Deputación pon en valor a riqueza da provincia tras pechar un...

A Deputación pon en valor a riqueza da provincia tras pechar un verán “moi positivo”

Agosto rexistrou un 80% da ocupación hoteleira e setembro un 95%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo celebrou este venres o “éxito” cultivado polo verán lucense en canto a cifras de ocupación e tras dous anos “de peche”, cos que “falar do 80% da ocupación hoteleira en agosto e o 95% en setembro” implica “un balance obrigatoriamente positivo”, di a portavoz socialista do executivo provincial, Pilar García Porto.

Porto celebrou as cifras, pero máis “a pegada que deixan os visitantes á cidade e a provincia”, e insistiu en que desde o goberno provincial levan “moito tempo” traballando en desenvolver un modelo turístico sustentable, respectuoso co medio ambiente e de calidade. “Queremos que os visitantes deixen pegada na economía, claro, pero sobre todo que acheguen valor á nosa provincia”, engadiu.

Os socialistas cren que tras estes resultados queda evidenciado “que o modelo de turismo polo que traballa a institución funciona”. En concreto, a deputada de Promoción do Territorio e Turismo insiste en que se soubo dar resposta ás demandas das persoas visitantes. “A xente o que quere é vivir experiencias únicas. Escapan da masificación, apostan por grupos reducidos, por estar en contacto coa natureza e coñecer patrimonio. E nisto Lugo é idóneo”, recalca.

Co deseño e posta en marcha de proxectos como ‘Saborea a túa provincia’ ou ‘Coñece a túa provincia’ conseguiuse ” pór en valor a provincia, dar a coñecer diferentes lugares, e tamén a cociña, a gastronomía e o produto de proximidade“, confesou García Porto.

Agora, desde a área de Turismo e Promoción do Territorio concentran os seus esforzos en prolongar a atracción por Lugo durante as diferentes épocas do ano. Para o último trimestre do 2022, as tarefas en materia de turismo concéntranse no deseño da aposta que levar a Fitur, unha nova edición do programa ‘Coñece a túa provincia’ e a organización do Forum Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...