InicioSociedadeUXT denuncia a agresión a dous vixiantes de seguridade do Hospital de...

UXT denuncia a agresión a dous vixiantes de seguridade do Hospital de Lugo e pide material de protección

Recrimina que a empresa adxudicataria do servizo "négase a facilitar os chalecos anticorte ata que unha sentenza os obrigue".

PUBLICADA O

- Advertisement -

UXT denunciou a agresión a dous vixiantes de seguridade no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) e pide material de protección como a entrega de chalecos anticorte. Nun comunicado, afirma que os levan reclamando “desde hai anos” despois de que outro traballador “sufrise varias feridas por arma branca que o inhabilitaron para exercer as súas funcións durante máis de 18 meses”.

“Non hai semana na que os servizos sanitarios non requiran a presenza do persoal de seguridade, sobre todo en urxencias e a unidade de psiquiatría”. “En ocasións os vixiantes sofren agresións verbais pero outras veces estas son físicas, como sucedeu neste caso”, apunta.

En concreto, explica que os dous vixiantes de seguridade foron agredidos cando compareceron na unidade de psiquiatríarequeridos polo persoal sanitario para inmobilizar a un paciente que se atopaba fóra de control.

“O enfermo golpeou con mobiliario da habitación un cristallaminado e cun anaco do cristal feriu ao vixiante nun costado, polo cal actualmente se atopa de baixa”. “O outro vixiante sufriu feridas nun ollo ao saltarlle unha esquirla do cristal”, especifica. UXT denuncia que a empresa adxudicataria do servizo “négase a facilitar os chalecos anticorte ata que unha sentenza os obrigue” e denuncia a “desprotección” dos traballadores.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...