InicioSociedadeReducción da anchura do canal e eliminación de tapóns e restos de...

Reducción da anchura do canal e eliminación de tapóns e restos de madeira, as medidas tomadas no río Asma para evitar inundacións

A obturación do río Asma, sinala o organismo, é un fenómeno que se repetiu ao longo dos anos desde que levou a cabo a canalización do mesmo ao seu paso pola localidade de Chantada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) iniciou a limpeza da canle e marxes do río Asma ao seu paso polo municipio lucense de Chantada, o que implica o acondicionamento de 1,3 quilómetros de canle urbana para evitar inundacións e avenidas.

Na inspección previa observouse a necesidade de mellorar a capacidade hidráulica da canle e a composición da vexetación de ribeira. Ademais, detectouse a presenza abundante de madeira e tapóns illados ao longo de todo o tramo urbano.

A obturación do río Asma, sinala o organismo, é un fenómeno que se repetiu ao longo dos anos desde que levou a cabo a canalización do mesmo ao seu paso pola localidade de Chantada, dada a “proliferación excesiva de vexetal ripario e especies potenciadoras da sedimentación, que forman densas redes coa consecuente redución do fluxo de auga circulante”.

Para naturalizar a canle e conseguir unha situación de acondicionamento duradeiro, reducirase a anchura actual do río de augas baixas, o que permitirá recuperar unha velocidade maior, eliminando as zonas artificiais de sedimentación para convertelas en zonas de transporte e, en consecuencia, evitar o acúmulo de sedimentos e a consecuente proliferación de especies heliófilas no centro da canle.

Por outra banda, procederase á eliminación de tapóns e restos de madeira presentes ao longo de todo o tramo de actuación, realizaranse rozas e resalveos selectivos en dominio público hidráulico e zona de servidume nos puntos nos que a vexetación invada a canle.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...