InicioSucesosDetidos en Lugo dous membros dun clan que ocupaba vivendas para a...

Detidos en Lugo dous membros dun clan que ocupaba vivendas para a venda de droga

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a dous homes de 20 anos, un deles con antecedentes, acusados de pertencer a un clan que se dedicaba a ocupar vivendas para dedicalas á venda de droga.

O operativo púxose en marcha despois de varias queixas veciñais pola trasfega de toxicómanos nunha das principais rúas do barrio da Milagrosa.

Tras a investigación, a Policía corroborou que se trataba dun clan familiar, cuxa actividade era a venda de droga polo miúdo e que, para iso, ocupaban vivendas da cidade, que eran as utilizadas tamén para levar a cabo as vendas.

Unha vez determinado o modus operandi e demostrada a participación dos dous homes agora detidos, procédese á súa detención e rexistro da vivenda que estaban a utilizar para as vendas de droga, onde se incautaron varias doses de cocaína e material para manipular esta sustancia.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...