InicioSucesosDetida unha moza de 23 anos en Lugo por roubar e agredir...

Detida unha moza de 23 anos en Lugo por roubar e agredir ás súas vítimas cun puño americano

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha moza de 23 anos foi detida en Lugo por roubar a unha persoa e agredir cun puño americano a unha parella que intercedeu pola primeira vítima.

Os feitos, segundo trasladou este luns a Policía Nacional de Lugo, tiveron lugar na madrugada do xoves nun local de lecer nocturno situado na contorna da catedral.

Tras recibir a alerta, os axentes desprazáronse ao lugar e comprobaron que había dúas persoas que presentaban feridas na cara e aseguraban ser agredidos cun puño americano por unha muller.

Segundo o seu relato, esta parella intercedera ás portas do local por unha persoa que estaba a ser ameazada pola detida, quen xa roubara a outra vítima. A suposta agresora foi localizada minutos despois pola patrulla da Policía Nacional, que interveu o puño americano empregado pola moza nos feitos. Impútaselle un delito de roubo con violencia e lesións.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...