InicioSucesosInterceptado un motorista sen carné, seguro nin matrícula cando circulaba por Lugo

Interceptado un motorista sen carné, seguro nin matrícula cando circulaba por Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou o pasado martes a un motorista que circulaba sen carné, xa que nunca o obtivo, do mesmo xeito que non levaba as placas de matrículas visibles. Tampouco tiña seguro obrigatorio nin pasara a inspección técnica periódica.

O ciclomotor foi parado na confluencia das rúas Río Sil e Otero Pedrayo. Así, efectuáronse as pertinentes denuncias administrativas, con dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria. O vehículo foi inmobilizado.

Por outra banda, foi detectada unha condución irregular polo Paseo dos Estudantes. O condutor arroxou senllas alcoholemias positivas de 0,75 e 0,70 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria por procedemento de xuízo rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: Candia alude ao goberno “débil” para presentar a moción e Pontón di que o PP “debe responder ante a Xustiza”

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...