InicioLugo e contornaLugoDenunciado en Lugo un condutor por circular sen carné tras perder todos...

Denunciado en Lugo un condutor por circular sen carné tras perder todos os puntos

Unha segunda persoa foi apercibida por circular sen telo sacado nunca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que foi sorprendido circulando sen carné, tras serlle retirado pola perda de todos os puntos.

Segundo informaron fontes municipais, nun control este luns, axentes deste corpo interceptaron a un condutor que circulaba nun turismo e ao que lle figuraba unha perda de vixencia do carné, tras perder todos os puntos. Por estes feitos, se intruyeron dilixencias de denuncia por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Ademais, na mesma xornada foi sorprendido outro veciño ao volante dun coche, a pesar de que nunca obtivo o permiso de conducir, polo que tamén foi denunciado polo mesmo suposto delito.

A Policía Local de Lugo informou tamén doutras infraccións rexistradas nas últimas horas na cidade: varios coches que carecían da ITV en prazo regulamentario, un turismo circulando sen o seguro obrigatorio, o condutor dun patinete que levaba a un pasaxeiro e circulaba de noite sen iluminación nin pezas reflectoras, ou outro condutor que foi sometido a unha proba de alcoholemia e que arroxou un resultado positivo de 0,56 e 0,52 mg/l, polo que foi denunciado administrativamente.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...