InicioSociedadeDetido en Lugo tras empuxar a súa parella e ameazala con queimarlle...

Detido en Lugo tras empuxar a súa parella e ameazala con queimarlle o coche

O funcionariado trasladou o home a dependencias policiais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado fin de semana a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras empuxar a súa parella e ameazala con queimarlle o coche.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron na tarde do venres, nun establecemento hostaleiro da zona de Catasol. Tras recibir un aviso na sala do 092, unha dotación policial presentouse no lugar e entrevistouse cos membros da parella e con varias testemuñas.

A muller relatou aos axentes que coñecera á súa parella a través dunha aplicación de Internet e que iniciaran unha relación, motivo polo cal o home se trasladou a Lugo desde o seu lugar de orixe.

Segundo a versión dela, cando o home se fincou na cidade comezaron os episodios violentos. Ese venres, explicou, propináralle varios empuxóns, arrebatáralle as chaves do piso pola forza e ameazouna con queimarlle o coche.

Por estes feitos, os funcionarios procederon á detención do home e ao seu traslado a dependencias policiais. Tanto el como a muller negáronse a recibir asistencia sanitaria.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...