InicioLugo e contornaLugoO PP denuncia que non se poida coller un tren "de Lugo...

O PP denuncia que non se poida coller un tren “de Lugo a Barcelona”

Reclama que a Renfe repoña os servizos suspendidos na pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A senadora lucense do PP, Rosa Arza, expuxo unha serie de preguntas para que o Goberno central explique por que Renfe non contempla a opción de activar reforzos a pesar da gran demanda de servizos ferroviarios, recortados no caso galego durante a pandemia.

“Dous anos despois da pandemia é imposible saír de Galicia en tren, pois as prazas dos trens están completas durante o mes de agosto. Non é posible viaxar desde Santiago a Barcelona ata o día 5 de setembro e tampouco hai opcións viables en chegar ao País Vasco pois a liña suprimiuse”, explican os populares.

Segundo dixo Arza, na propia provincia de Lugo “resulta imposible adquirir un billete para viaxar de Lugo a Barcelona durante o mes de agosto”, unha situación á que non se puxo solución nin “coas cifras récord de peregrinos” deste ano nin co incremento de demanda pola alza dos prezos do combustible.

Con iso, a senadora pregúntase “como é posible que non se resolva esta situación que está a afectar a Galicia, e tamén como é posible que o Goberno non tome medidas ao respecto, mostrando, unha vez máis pola súa banda, abandono en materia ferroviaria”.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...