InicioLugo e contornaLugoLugo prevé dicir adeus ao Garañón nun prazo máximo de dez meses

Lugo prevé dicir adeus ao Garañón nun prazo máximo de dez meses

O Concello emite finalmente a orde de demolición do inmoble.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo emitiu a orde de demolición do Garañón, outorgando á propiedade un prazo de dous meses para que presente o proxecto de execución destes traballos, tal e como anunciou a alcaldesa, Lara Méndez.

“De non acatar este imperativo, a Administración local asumirá os traballos subsidiariamente, para o que, xa no pasado mes de xullo, demos inicio ao expediente de contratación correspondente que nos permitirá ter avanzada a tramitación necesaria para cumprir, canto antes, a sentenza que obriga a repor a legalidade urbanística na contorna”, sinalou a alcaldesa.

A actuación constata o compromiso dado por Lara Méndez, xa durante o anterior mandato, de converter este espazo nun pulmón verde urbano “que conectará cun dos parques máis emblemáticos da capital como é o Rosalía de Castro”. Con iso, engade a rexedora, dáse resposta “a unha demanda social, ampliando o cinto natural de Lugo, axudando a integrar o río Miño na cidade” de forma “coherente co modelo sustentable” que o goberno local impulsa desde 2015.

Méndez lembrou que a licitación, “cuxo valor estimado ascende a 965.000€”, abarca a redacción dun proxecto visado de obras completo de demolición pero tamén a reposición ao estado orixinal dos terreos, a execución das obras, así como a dirección facultativa necesaria das mesmas que inclúe todo o edificado sen título habilitante”.

A alcaldesa fixo fincapé en que os pregos recollen dous prazos diferenciados para asumir os labores, establecéndose un de 2 meses para entregar o proxecto completo e outro de 8 para materializar a demolición.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...