InicioSucesosIdentifican en Lugo un home como presunto autor dunha agresión a unha...

Identifican en Lugo un home como presunto autor dunha agresión a unha menor

Tivo lugar na estación de autobuses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou un individuo como presunto autor da agresión a unha menor na estación de autobuses da localidade.

Nun comunicado, a Policía Local informa de que os feitos tiveron lugar ao redor das 13,45 horas do pasado martes 16 cando os axentes recibiron un aviso dunha posible agresión a unha menor.

Así, chegados ao sitio, as testemuñas sinalaron que un individuo agarrara “a unha menor da familia” sen saber se fora de forma accidental ou con intención de agredila. Tras isto, o individuo saíu do lugar, tras o que foi identificado os axentes no interior dun local de hostalaría próximo.

OUTROS SUCESOS

Tamén, durante ese martes, a Policía Local de Barrio desprazouse ata a casa dunha veciña con problemas de mobilidade despois de que un familiar –residente fose de Lugo– alertase non saber nada dela desde facía varios días.

Segundo o relato policial, nin a veciñanza nin a farmacia –que lle leva a medicación de forma habitual– viran á muller desde había varios días. Xa no lugar, e tras pasar dúas horas sen recibir resposta desde o interior da vivenda, os axentes requiriron aos bombeiros para entrar ao domicilio.

Desta forma, cando estaban a manipular a fechadura, desde o interior, unha muller asegurou atoparse ben. Ante isto, os axentes insistiron en que abrise a porta para poder ter contacto con ela directamente, requirimento ante o cal a muller accedeu.

Na madrugada do mércores, axentes da Policía Local de Lugo, observaron un mozo en mal estado. Así, comprobaron que presuntamente se atopaba baixo a influencia dalgunha sustancia. Outros dous mozos que ían con el nese momento manifestaron que estiveran no Parque da Milagrosa, pero que xa o atoparon así. Os axentes chamaron a unha ambulancia e foi trasladado ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...