InicioSociedadeJosé Tomé presume da herdanza galega en Cuba

José Tomé presume da herdanza galega en Cuba

"Un galego e un cubano nunca esgotan os temas de conversación", destaca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

45% dos emigrantes españois en Cuba a principios do século XX foron galegos, un dato que ofrecía este venres en Lugo o embaixador cubano, Marcelino Medina. Nun acto na Deputación de Lugo, Medina asinaba no libro de ouro provincial e logo comparecía acompañado do presidente provincial, José Tomé.

“O 45% da emigración española a principios do século XX foi galega, e é un pouco o que me fai explicar ao meu porque os cubanos lle dicimos a todos os españois que son galegos, porque realmente era unha gran maioría e deixaron unha gran pegada na historia, na economía e na cultura de Cuba, aínda que diría que en todos os ámbitos do noso país”, debullaba o embaixador.

Marcelino Medida destacou que “hai unha gran identidade afectiva, unha gran identidade familiar tamén porque os vínculos familiares son moi profundos, pero tamén de amizade e de relacións económicas ao longo dos anos”.

Hai un tecido empresarial en Galicia e particularmente en Lugo que teñen negocios con Cuba, que están interesados, unha vez saídos da pandemia, de ir a niveis superiores (de negocio) e de recuperar o tempo perdido”, sostivo.

En tanto, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, agradecía a presenza do embaixador e iniciaba o seu discurso proclamando que “un galego e un cubano nunca esgotan os temas de conversación”, chanceaba tamén ante a cónsul en Galicia. Tomé puña o acento en “España como porta privilexiada en Europa para os países irmáns do outro lado do Atlántico e aí Galicia e Lugo poden xogar un papel importante”.

“Creo que o futuro da Unión Europea pasa por reequilibrar as súas políticas internacionais, por revisar as súas relacións con outros espazos políticos, económicos e xeográficos, e España e Galicia atópanse nunha posición estratéxica para axudar ás autoridades europeas a aproveitar o potencial que se deriva das relacións con América Latina e os países do Caribe”, expuxo.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...