InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación de Lugo adquire a metade da Torre de Caldaloba para...

A Deputación de Lugo adquire a metade da Torre de Caldaloba para a súa protección

Maite Ferreiro anunciou a compra dunha parcela de case dúas hectáreas como primeiro paso para acceder a totalidade da propiedade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou este mediodía a carón da Torre que, tras  varios meses de xestións para esclarecer a propiedade dos terreos, este venres levarán á Xunta de 
Goberno a “proposta de compra da parcela na que se sitúa a parte mellor  conservada da torre e do sistema de fosos e contrafosos defensivos que a rodean, así como o acceso principal”.

Maite Ferreiro destacou que por primeira vez unha administración dá un 
paso firme na protección da Torre da Caldaloba
, avanzando na súa 
incorporación ao patrimonio público co obxectivo de desenvolver un 
proxecto de recuperación e posta en valor desta construción de grande 
interese histórico e simbólico para Galicia.

Segundo o levantamento topográfico realizado para a adquisición, a 
parcela mercada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo conta cunha 
superficie de 19.596 metros cadrados e inclúe a metade da Torre -53 
metros cadrados de planta- e o sistema de fosos e contrafosos defensivos 
escavados no perímetro da edificación. Tamén un pozo artesán de 5 a 7 
metros de profundidade
e o acceso principal: un camiño rural, 
pertencente a unha rede de camiños nunha zona de concentración 
parcelaria, de 160 m de lonxitude, cun tramo duns 2,50 metros de ancho.

A responsable provincial lembrou que expertos en patrimonio e colectivos 
culturais levan anos advertindo do “deterioro da estrutura” e reclamando 
a titularidade pública da edificación “sen ningunha resposta por parte da 
Xunta de Galicia”, á que corresponde a protección do patrimonio. “Actuamos  para evitar que a estrutura sufra danos irreversibles, ante o desleixo  de máis de vinte anos por parte da Xunta de Galicia, que se limita a  facer anuncios sen concreción ningunha mentras o deterioro da Torre 
avanza”.

Maite Ferreiro avanzou que “a intención da Vicepresidencia da Deputación 
é acadar, en canto sexa posible, a propiedade da totalidade da Torre e 
da súa contorna de protección coa adquisición da parcela colindante”, 
concretando que “xa se ten feito algún contacto coa propiedade para  acadar un acordo; de non ser posible estudaríanse outras vías de  actuación”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...

A CHMS comeza a repoboación forestal en tramos de ríos da provincia de Lugo

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...