InicioSociedadeBNG pide á Xunta restituír a atención pediátrica nos centros de saúde...

BNG pide á Xunta restituír a atención pediátrica nos centros de saúde de Meira e Pastoriza no verán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG de Lugo solicitou á Xunta de Galicia que restitúa a atención pediátrica nos centros de saúde de Meira e Pastoriza –que dan atención aos concellos mencionados e a Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e A Pontenova– durante o verán.

Tal e como explican nun comunicado, os nacionalistas realizaron unha consulta a través do Servizo de Atención ao Usuario e aseguran que a resposta autonómica “constata que a Xunta non prevé substituír o especialista que presta este servizo nos centros de saúde” mencionados. Afirman ademais que isto implica que os pacientes teñan que desprazarse ata Vilalba ou ao HULA.

Lamentan que esta situación se repita nos últimos veráns, “xa que o Sergas non está a cubrir os descansos nin as baixas do persoal facultativo de atención pediátrica”. “Tamén ocorreu durante os meses de maior incidencia da pandemia, xa que os brotes nos colexios multiplicaron as necesidades de consultas”, sinalan.

“Esta situación demostra que a carencia de persoal en atención primaria e, especialmente en pediatría, é un problema estrutural que a Xunta de Galicia non ten intención de resolver”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...