InicioLugo e contornaO PP suspende polos incendios o comité do que ía saír o...

O PP suspende polos incendios o comité do que ía saír o candidato á Alcaldía de Lugo

O PP de Lugo suspendeu, debido á vaga de incendios, o comité de dirección provincial do que ía saír o candidato ou candidata á Alcaldía da cidade amurallada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo suspendeu, debido á vaga de incendios, o comité de dirección provincial do que ía saír o candidato ou candidata á Alcaldía da cidade amurallada. A presidenta do PP lucense e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia, confirmou a suspensión deste comité que se tería que reunir o pasado luns. Aínda non se puxo “data” para este encontro e non se fixará “ata que a situación non estea controlada”.

Sobre a convocatoria, a tamén exalcaldesa de Mondoñedo aclara que “esa información a ten que dar o partido a nivel galego”. “Eu só sei que o comité de dirección que había este luns, por razóns moi xustificadas, polos incendios, pospúxose ata que as circunstancias melloren. Ía ser este luns ao cinco e media da tarde”, puntualizou.

Polo demais, a presidenta do PP de Lugo apremou a que se “habiliten as medidas e os instrumentos de axudas para que cheguen ás poboacións” afectadas polos lumes “canto antes”. “E que estas axudas sexan en grao sumo garantistas e proteccionistas para un territorio e para unha xente que demostrou que queren e coidan da súa terra e da contorna e merecen o mellor”, reivindicou.

Seguidamente, Elena Candia expresou a súa “solidariedade e apoio para os rexedores locais que tamén van requirir fondos e axudas para recompor unhas consecuencias moi negativas para os seus concellos que tanto defenden e que tanto queren”.

Coa implicación de todas as administracións teñen que porse encima da mesa axudas a disposición duns territorios tan castigados. Tentar na medida do posible mitigar as consecuencias tan negativas” provocadas por esta vaga de incendios, concluíu a líder dos populares de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...