InicioLugo e contornaLugoO 90% das 20.000 persoas do Estado que residen en Panamá son...

O 90% das 20.000 persoas do Estado que residen en Panamá son de orixe galega

O representante de Panamá en Galicia, Aarón Medina, foi recibido polo presdiente da Deputación de Lugo, José Tomé, na sede da institución provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 90% dos 20.000 españois que residen na actualidade en Panamá son orixe galega, segundo destacou este martes en Lugo o cónsul xeral do país centroamericano en Galicia, Aarón Medina. O representante de Panamá en Galicia foi recibido polo presdiente da Deputación de Lugo, José Tomé, na sede da institución provincial.

“Panamá sempre foi un país que lle deu a benvida a todos os estranxeiros, temos unha comunidade de españois que está conformada no 90% por galegos que tiveron fillos e netos, e son galego panameños ou panameños galegos“, destacou Medina.

“Nós como ponte do mundo sempre recibimos a todas as persoas de todas as nacións por igual. Nós temos a canle de Panamá e pola canle pasan o 8% dos produtos mundiais”, subliñou. Tamén presumiu de ser unha “potencia marítima”, e tanto é así que Panamá é o país onde se producen “máis abandeiramento de buques, e a bandeira marítima número uno é a panameña”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, fixo fincapé en que co país centroamericano e Galicia comparten “idioma, proxectos económicos e culturais, e o interese común polas rutas oceanográficas”. Tomé lembrou que “uns oito mil galegos participaron na construción da canle de Panamá e recibiron o recoñecemento do país que os acolleu”.

“É un orgullo saber que algúns dos nosos antepasados deixaron a súa pegada nun proxecto que contribuíu non só ao desenvolvemento do país senón a cambiar a historia do transporte e a navegación”, resumiu finalmente.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...