InicioSociedadeCitan declarar o pai de Desirée por supostas ameazas ao noivo de...

Citan declarar o pai de Desirée por supostas ameazas ao noivo de Ana Sandamil, condenada polo crime

José Manuel Leal asegura estar "tranquilo" ante esta denuncia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai da nena Desirée, José Manuel Leal, foi citado a declarar o próximo 19 de xullo por un xulgado de Lugo por supostas ameazas ao noivo de Ana Sandamil, condenada polo crime da súa filla en Cospeito en maio de 2019.

José Manuel Leal está chamado aos xulgados de Lugo un día despois de que o próximo 18 de xullo se celebre no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na Coruña, a vista do recurso polo crime que presentou a que fora parella do pai de Desirée.

En concreto, Ana Sandamil foi condenada a prisión permanente revisable pola Audiencia Provincial de Lugo despois de que un xurado popular emitise un veredicto de culpabilidade sobre o asasinato da pequena, que tan só contaba con sete anos de idade cando foi brutalmente asasinada na casa da nai en Muimenta.

José Manuel Leal confesou, ante a denuncia da parella de Sandamil, que está “moi tranquilo“, á vez que nega calquera tipo de ameaza cara a ese individuo.

Ademais, constatou que o denunciante “vai levar dúas testemuñas, que non teñen veracidade ningunha”. Así, dixo que “unha é a amiga do monstro”, en referencia a Ana Sandamil, e outra “unha amiga da avoa”. “Irán declarar mentiras, como xa fixeron no xuízo na audiencia en que o único que foron a dicir é que era moi boa (Ana Sandamil), mesmo falaron mal do meu. Como dixen no xuízo, teñen as mans manchadas de sangue ao defender a unha asasina”, clamou.

Do recurso, José Manuel Leal exteriorizou que espera que “se siga mantendo a condena imposta pola sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo, con xurado popular”, de prisión permanente revisable.

“Non vexo ningunha circunstancia para que se modifique a condena. A sentenza é clara, de feito o xurado a maioría menos un, votaron a favor desa condena. O que pasa é que un sempre está con esa incerteza e ata que pase o proceso non estarei tranquilo. Oxalá siga todo igual”, desexou.

O xuízo polo asasinato de Desirée celebrouse nas primeiras semanas de febreiro deste ano, onde se constataba que a pequena morrera por asfixia o mesmo día que a tiña que recoller o seu pai dentro do réxime de visitas establecido con Sandamil.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade...

A Xunta nega “colapso” no HULA e atribúe a morte de dous pacientes a súa situación “moi delicada”

A área sanitaria de Lugo desmentiu que o servizo de urxencias do Hospital Universitario...