InicioSucesosDetido un home en Lugo que tiña 30 quilos de haxix en...

Detido un home en Lugo que tiña 30 quilos de haxix en dous coches

Ao recibir a alto, o mozo tratou de fuxir do control e case arroia os policías, que iniciaron unha persecución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 25 anos foi detido en Lugo pola Policía Nacional como autor dun delito de tráfico de drogas despois de requisarlle 30 quilos de haxix que tiña repartidos en dous coches.

O home, que conta con varios antecedentes polos mesmos feitos, foi arrestado a pasada semana nun control rutineiro da Policía Nacional. Ao recibir o alto, o mozo tratou de fuxir do control e case arroia os policías, que iniciaron unha persecución.

Unha vez interceptado e tras realizar unha serie de comprobacións, os axentes localizaron un segundo vehículo relacionado co primeiro. Entre ambos os turismos, o detido tiña repartido un total de 30 quilos de haxix listos para ser distribuídos na cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...