InicioPolíticaA Deputación de Lugo mellorará as estradas provinciais de oito concellos

A Deputación de Lugo mellorará as estradas provinciais de oito concellos

Deuse luz verde "á aprobación da adxudicación dos contratos para a prestación de servizos básicos nos centros de Atención a Maiores de Trabada, Ribadeo, Pol e A Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo destinará 1,3 millóns de euros na “mellora” de estradas provinciais en oito concellos, segundo anunciou a deputada de turismo e portavoz socialista do goberno provincial de Lugo, Pilar García Porto, tras a xunta de goberno.

Así, ascenderán finalmente a “doce vías”, explicou en rolda de prensa, as que se acondicionarán, nos concellos de Vilalba, Guitiriz, Barreiros, Trabada, O Saviñao, Guntín, Portomarín e Negueira de Muñiz.

Pilar García Porto destacou a importancia que lle dá o Goberno ao Estado dos viarios provinciais, polo que apuntou que estes traballos levan un 20 por cento do orzamento total da Deputación.

Ademais este venres deuse luz verde “á aprobación da adxudicación dos contratos para a prestación de servizos básicos nos centros de Atención a Maiores de Trabada, Ribadeo, Pol e A Fonsagrada, por un importe conxunto que suma un tres millóns de euros. Así debullou que para Trabada irán 683.000 euros, máis de 820.000 para Ribadeo, para a residencia de Pol 726.000 euros e finalmente para A Fonsagrada 640.000 euros.

Na xunta de goberno acordouse, á súa vez, sacar a “contratación un orzamento de máis 680.000 euros para o conxunto da subministración de aglomerado para o parque móbil da Deputación de Lugo por un período de seis meses”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...