InicioMovementos sociais Manifestación contra o proxecto da ordenanza cívica

[GALERÍA] Manifestación contra o proxecto da ordenanza cívica

A manifestación convocada por Lugo Sen Mordazas contra o borrador de ordenanza cívica, que plantexa restriccións no uso de espazos públicos, congregou a medio milleiro de lucenses

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo Sen Mordazas congregou a cidadanía lucense para protestar contra o proxecto de ordenanza cívica que  plantexan no consistorio os grupos do Partido Socialista, o Partido Popular e Ciudadanos, con apoio de empresarios locais. A manifestación partiu da Praza de Santa María contra as 20.40 horas deste mércores, percorrendo A Tinería e a Ronda da Muralla, atravesando pola rúa Montevideo e rematando na Praza Maior.

Malia que fontes municipais negan que as sancións contempladas no borrador da normativa sexan as que reflicte Lugo Sen Mordazas, o escrito esperta dúbidas xurídicas, contendo elementos de difícil compatibilidade con dereitos fundamentais, e incluso podería resultar inconstitucional, estabelecendo conflitos de competencias. O Colexio Oficial de Traballo Social cualifica a ordenanza de “antidemocrática”.

A manifestación protestou pola coacción sobre os colectivos da Tinería, en especial aqueles en risco de exclusión social, amosando oposición á restricción de usos do espazo público, con propostas de sancións que poderían marxinalizar a grupos xa excluídos ou limitar a expresión cultural de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...