InicioPolíticaRamón Carballo renuncia a ser o candidato do PP á Alcaldía de...

Ramón Carballo renuncia a ser o candidato do PP á Alcaldía de Lugo nas municipais

O portavoz popular non avanza se Ameijide será a cabeza de lista, xa que tomará a decisión "o partido a nivel galego e provincial".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O actual portavoz municipal do PP no Concello de Lugo, Ramón Carballo, renunciou por motivos “persoais” a ser cabeza de lista á Alcaldía da cidade nas eleccións municipais de maio de 2023. “Non hai causas, é unha decisión persoal, levo 40 anos neste partido e creo que é unha etapa que cumprín, e non me apetece continuar nesta etapa”, xustificou.

Antes do pleno ordinario do Concello, Carballo anunciou que a súa “retirada” é unha “decisión persoal” que tomou “hai tempo” e da que xa deu conta á formación “tanto a nivel rexional, como a nivel provincial”. “Informei o grupo municipal desta situación xa a semana pasada”, confirmou, xa que, ao seu modo de ver, os seus compañeiros eran os que tiñan que coñecer a súa decisión “antes que ninguén”.

No entanto, Carballo comprometeuse a “seguir traballando” ata os próximos comicios: “É o que temos que facer, seguir con este grupo de traballo para demostrar que esta cidade está sen goberno. É un goberno dividido –coalición de PSOE e BNG– onde non hai un proxecto de cidade”.

AMEIJIDE COMO CANDIDATO?

Así mesmo, preguntado sobre se o viceportavoz popular, Antonio Ameijide, sería unha boa opción para encabezar a lista do PP, tal e como se apunta, Carballo limitouse a sinalar que é unha elección que “non” lle “compete”, senón que “será o partido a nivel galego e a nivel provincial quen tome a decisión no momento oportuno”.

“As decisións de partido tómanse consensuadas e tomarase no momento oportuno e non tardará moito, por iso fixen esa comunicación ao grupo municipal a semana pasada (de que non continuaría)”, detallou. Ramón Carballo foi o portavoz do PP nestes últimos tres anos e previamente fora subdelegado do Goberno en Lugo, durante a etapa de Mariano Rajoy como xefe do Executivo central.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...