InicioSociedadeDous anos de prisión para un veciño de Lugo por abusar sexualmente...

Dous anos de prisión para un veciño de Lugo por abusar sexualmente dunha menor

A pequena tiña 10 anos cando se produciron os abusos por parte do agora xa condenado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Lugo (R.N.) aceptou dous anos de prisión por abusos sexuais a unha menor, logo do acordo de conformidade entre as distintas partes antes do xuízo que se ía a celebrar este martes na Audiencia Provincial.

Nun principio, a Fiscalía requiría seis anos de prisión –que se viron reducidos a dous– e a unha indemnización de 20.000 euros, cantidade da que o procesado abonou a metade, sobre 10.000 euros. Os feitos remóntanse ao verán de 2019, cando se produciron eses abusos que agora asume este veciño de Lugo, que ten 41 anos de idade.

A pequena tiña 10 anos cando se produciron os abusos por parte do agora xa condenado, que –de acordo co relato de Fiscalía– se prevaleceu dunha amizade coa familia para estes accesos carnais.

O avogado, que por orde do seu cliente non puido revelar a súa identidade, precisou sobre a entrada en prisión que é o que van tratar de evitar, aínda que o home conta con antecedentes penais pero non por feitos similares.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...